O Concello de A Guarda organiza dúas xornadas de achegamento aos cogomelos
Infogauda / A Guarda
Dentro do ciclo “Sostendo o futuro IV”, a concellalía de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, organiza para os días 8 e 9 de novembro un obradoiro de achegamento aos cogomelos.
O venres 8, ás 18:00 horas, no Centro Cultural, terá lugar unha charla informativa e o cultivo de cogomelos. Deste xeito, as persoas que asistan estarán preparadas para a saída ao campo para a identificación de cogomelos prevista para o sábado 9 de novembro, de 10:30 a 13:00 horas.
Para participar é preciso inscribirse a través do correo electrónico medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.
Ningún comentario:
Publicar un comentario