Faladoiros do IEM: Ciclo Arredor da Historia Moderna
• Ofelia Rey Castelao abordará o tema Muller e emigración. Cando elas son as que teñen que emigrar, emigran
• Venres, 13 de setembro, ás 20:00 horas, no local do IEM
Ricardo Rodríguez Vicente / Gondomar
Dentro dos Faladoiros do IEM, o Instituto de Estudos Miñoranos organiza o Ciclo Arredor da Historia Moderna.
O próximo evento dese ciclo, que terá lugar o venres día 13 de setembro, ás 20:00 horas, no local do IEM, participará Ofelia Rey Castelao, que disertará sobre o tema Muller e emigración. Cando elas son as que teñen que emigrar, emigran.
Presentará Anxo Rodríguez Lemos (Fontes - Baíña, Baiona, 1994), profesor e historiador.
Ofelia Rey Castelao
Ofelia Rey Castelao (Arnois - Pontevedra, 1956), licenciada (1978) - con premio extraordinario - e doutora en Xeografía e Historia ((1984), pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Súa tese de doutorado - El voto de Santiago en la España moderna - mereceu a cualificación de sobresaliente cum laude e tamén premio extraordinario; catedrática e profesora da USC, e investigadora principal de proxectos de investigación; Premio Nacional de Historia, 2022.
Na actualidade dirixe o proxecto titulado Culturas Urbanas y resistencias en la monarquía hispánica en la Edad Moderna - Generación del conocimiento, do Plan de I+D+i.
Anxo Rodríguez Lemos
Graduouse en Historia Moderna pola Universidade de Santiago, con Mestrado en Profesorado, Ciencias Sociais e Humanidades.
É doutor en Historia e contratado postdoutoral da Universidade de Santiago, estando en 2024 de estancia na Universidade de Coimbra e previsto no curso seguinte na Universitá degli studi Roma Tre.
Tamén no 2024 é profesor do IV Ciclo Universitario para maiores e do departamento de Cursos Internacionais da USC. Fixo unha estadía de investigación en Italia baixo a titoría de Manfredi Merluzzi, na Università degli Studi Roma Tre como investigador do Arquivo Apostólico Vaticano.
Foi integrado como investigador nos proxectos do Plan Nacional de I+D+i, dirixidos por Ofelia Rey: Culturas urbanas: as cidades interiores no noroeste ibérico, dinámicas e impacto no espacio rural, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad.
En 2023 foi nomeado Cronista Oficial de Baiona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario