23 de set. de 2024

DEPORTES

PIRAGÜISMO

LUÍS FERNÁNDEZ, LAURA ALONSO E EMILIO RODRÍGUEZ, CAMPIONS GALEGOS DE SLÁLOM  








Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera

 Esta fin de semana tivo lugar en Dumbría o Campionato Galego de Slálom e Caiac Cross con grandes resultados para o Club Deportivo Miño-Teixugos. O Campionato, a máis importante das competicións da liga galega, comezou o sábado con slálom e rematou o domingo con caiac cross.  

 En slálom, C1 sénior,  Luís Fernández fixo o mellor tempo, gañando o ouro, e, Brais Castro foi sexto. Luís tamén participou en K1 sénior onde rematou quinto, na mesma categoría, Antón Aparicio, foi décimo quinto. Emilio Rodríguez, en K1 veterano, tamén se impuxo aos seus contrincantes, acadando o ouro. En K1 Júnior, Brais Álvarez foi décimo. E en K1 sénior, Laura Alonso gañou o ouro e Laura Soutelo o bronce. Gran balance en slálom para os teixugos con tres campións galegos nas súas filas.    

 O domingo foi o turno para o caiac cross, a nova modalidade olímpica. Na categoría sénior masculina, Luís Fernández rematou segundo e Antón Aparicio terceiro, prata e bronce para os dous teixugos. Na categoría sénior feminina Laura Soutelo tamén conseguiu a prata. Brais Cambra, en júnior masculino, acadou as finais e rematou cuarto.  

 Na clasificación xeral por equipos, o Club Deportivo Miño-Teixugos, rematou cuarto en slálom e terceiro en caiac cross.



Ningún comentario:

Publicar un comentario