17 de set. de 2024

A GÁNDARA (A GUARDA)

A Gándara celebrará a súa XXXVI Festa da Zorza   

 Este venres, 20 de setembro, a partir das 6 da tarde, na praza dos Seixiños


O alcalde de A Guarda e membros do goberno municipal, co representante da  Asociación Cultural e Veciñal O Percamino - Comisión de festas das Mercedes, na presentación da XXXVI Festa da Zorza
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Gándara

 A XXXVI Festa da Zorza - organizada pola Asociación Cultural e Veciñal O Percamino - Comisión de festas das Mercedes - celebrarase este venres 20 de setembro, a partir das 6 da tarde, na ampla carpa ubicada na praza dos Seixiños. 

 Dese xeito, desde ese momento xa se poderán degustar as primeiras racións de zorza.  

 Como é habitual a ración de zorza inclúe pan e unha bebida (auga ou cunca de viño) e terá un prezo popular. 

 Ao rematar, haberá queimada co seu conxuro correspondente.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario