Xeira IEM
Os petróglifos do Monte Tetón. A paisaxe tatuada
Este venres día 9 de agosto, ás 21 h. no Alto do Padrón, na pista de entrada para ir ata o Tetón, no lindeiro de Gondomar e Tomiño na estrada PO-344
IEM / Tomiño
Este próximo venres día 9 de agosto, o IEM, en colaboración co concello de Tomiño, organiza unha xeira nocturna para ver os petróglifos do Monte Tetón na parroquia de Santa María de Tebra.
O punto de encontro para esta xeira será ás 21 h. no Alto do Padrón, na pista de entrada para ir ata o Tetón, no lindeiro de Gondomar e Tomiño na estrada PO-344.
A visita consistirá nun paseo ata os petróglifos do Real Seco e das Portaxes, para ver a posta de sol, e xa sen luz natural coa axuda de luz artificial rasante poder ver os gravados, coas explicacións do arqueólogo e subdirector do IEM Xosé Lois Vilar Pedreira.
Recomendase levar roupa de abrigo (por si á noite refresca), calzado cómodo, lanternas e seguir as instrucións dos guías para moverse ata o lugar da visita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario