A Orquestra Clásica de Vigo dará un concerto na Guarda
• O vindeiro luns 12 de agosto, ás 21:00 horas, no auditorio ao aire libre san Bieito
Infogauda / A Guarda
A Orquestra Clásica de Vigo, co apoio da Deputación de Pontevedra, chegará á Guarda o próximo luns 12 de agosto, ás 21:00 horas, no auditorio ao aire libre san Bieito, para pór fin ao ciclo de Concertos ás beiras do Miño, co cal conmemoran o seu 40 aniversario.
Neste concerto poñerán en valor a música que Reveriano Soutullo lle dedicou á súa terra, patria repartida entre Ponteareas, Redondela e Vigo. Puenteareas é un himno, ao que se lle suma dúas obras recuperadas e reinstrumentadas por Manuel Martínez Álvarez-Nava, director da Orquesta Clásica de Vigo: A suite Vigo e o pasodobre Redondela, que será unha estrea absoluta neste ciclo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario