7 de ago. de 2024

TOMIÑO

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará en Tomiño o vindeiro 12 de agosto e en Goián o 14  

Estará situada na Rúa Daniel Calzado Poceiro e na parada de bus, na Carballeira, respectivamente. Os horarios serán de mañá e de tarde en Tomiño e de tarde en Goián 

 


Infogauda / Tomiño 

 Tomiño e Goián recibirán a próxima semana a visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue.  

 No caso de Tomiño, o autobús situarase o luns, 12 de agosto, na rúa Daniel Calzado Poceiro, de 10:00 a 14:00, e de 16:00 a 21:00 horas. 

 En Goián, pola súa parte, localizarase o mércores, día 14, na parada do autobús (na Carballeira) de 16:00 a 21:00 horas. 

 É relevante mencionar tamén que si se desexa aportar hai que ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kg. Recórdase tamén  que para doar sangue hai que almorzar, e que despois de xantar hai que esperar dúas horas.  

 Ademais, aquelas persoas que vaian a aportar deberán levar o DNI, pasaporte ou carné de donante. 

 Esta unidade móbil chega da man da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, que é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade, e que cada día mantén abertos sete locais de doazón e despraza dez unidades móbiles, ca finalidade de subministrar compoñentes sanguíneos aos hospitais de Galicia. 

 A ADOS recorda tamén que os homes poden doar un máximo de 4 veces e as mulleres 3 veces ao ano, deixando pasar entre cada doazón polo menos 2 meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario