Leocadia Olga Cadilla
9 de decembro de 1922 – 23 de agosto de 2024
Olga Perezrios Plana (Leocadia Olga Cadilla) foi unha muller excepcional, unha boa persoa e a mellor nai do mundo.
Olga era extraordinariamente intelixente. Desde a súa infancia na Habana foi unha estudante moi avantaxada. De nena memorizou poemas que aínda podía recitar cando era anciá. Lía incesantemente e gustáballe estudar. Obtivo a licenciatura en Ciencias Comerciais na universidade da Habana.
Olga era unha persoa espiritual, católica, cunha devoción especial a San Juan Bosco e María Auxiliadora. A súa fe axudouna a superar circunstancias moi difíciles e realizou milagres grandes e pequenos. Iluminou as vidas de cuantos estaban ao seu ao redor.
Olga era a maior de catro fillas e sempre mantivo lazos familiares moi fortes. Mudouse á Guarda, (Galicia), España, ao casar con Luis Cadilla en 1955 e tivo catro fillos (Luis, Rodolfo, Javier e Olga María) aos que quixo máis que á súa propia vida.
Ela foi ama de casa e profesora, pero nai primeiro de nada. Sempre o sacrificou todo polos seus fillos. Orientoulles, abriulles camiño na vida, axudoulles nos seus estudos, pagou os seus gastos e en todo momento ofreceulles un amor incondicional que nunca pediu nada a cambio.
Olga era unha persoa creativa con moito talento. Encantáballe cantar e tiña unha voz marabillosa incluso sendo anciá. Escribía e redactaba con estilo, e tiña moito talento para debuxar e facer caligrafía.
Como profesional, foi unha pioneira en tempos difíciles para a muller traballadora. Como profesora de inglés nas HH. Carmelitas e dando clases particulares tivo moito éxito e recibiu o respecto e a admiración de alumnos e pais. Na Guarda, as súas alumnas aínda a lembran con gran afecto a pesar do paso dos anos.
Despois de xubilarse, Olga viviu a maior parte do tempo en EEUU onde axudou aos seus fillos en todo o que puido, incluíndo o coidado e educación dos seus netos. Tamén lle gustaba viaxar e gozaba coñecendo novas xentes e lugares, sempre cunha mentalidade curiosa e aberta.
Olga adoraba os dous países onde pasou a maior parte da súa vida, EEUU e España. Ensinou aos seus fillos para valorar as dúas nacións e a construír un fogar en cada unha delas.
Deus deulle unha vida longa, 101 anos, e momentos de intensa felicidade, especialmente cos seus fillos e netos. O amor que derramou sobre os seus fillos, familia e amigos segue vivo como unha chama que nunca se extinguirá.
“Nunca digades con pesar, canto sinto que se foi, senón máis ben dicir con gratitude, canto agradezo o coñecela”.
Fonte: Neptune Society
Ningún comentario:
Publicar un comentario