A exposición de Castelao grafista instalarase na Casa dos Alonso
Inaugurarase o venres 6 de setembro ás 13:00 horas, e manterase aberta de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas ata o día 4 de outubro
Infogauda / A Guarda
A Casa dos Alonso - praza do Reló, 5 - vai acoller unha nova exposición baixo o seu teito. Desta vez, Afundación Obra social ABANCA traerá a exposición sobre Castelao grafista.
A exposición vai ser inaugurada o venres 6 de setembro ás 13:00 horas e manterase aberta de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas ata o día 4 de outubro.
Ademais, a mostra ten un carácter solidario coa iniciativa Cultura por Alimentos, pola cal se recollerán doazóns de alimentos durante as visitas.
Castelao grafista reunirá 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida, de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares.
Así e todo, poderanse ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, tamén se pode ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario