3 de ago. de 2024

O ROSAL

A ARTE: XEOMETRÍA E CONTORNA

Para descubrir o universo fantástico de Carmen Pascual Ulloa


Obra de Carmen P. Ulloa

Ana Paredes / O Rosal

 Carmen P. Ulloa é unha artista que se redescubríu a sí mesma como tal tras pasar unha vida como profesora axudando aos demais a expresarse plasticamente. Profesión esta que naceu e combinou coa arquitectura, cuxa influencia è claramente observábel na súa obra en forma de paixases urbanas, edificios, etc. 

 Nesta súa primeira exposición amosa unha pequena parte da súa inmensa producción, que abrangue centos de obras. 

 A pesar do seu carácter incontestablemente ecléctico, algúns dos seus cadros máis abstractos reflexan influencias cubistas e da escola da Gestalt, sobre todo no emprego da cor. 

 Outros, en cambio, exploran un mundo baseado na paisaxe, máis cun toque onírico e rompedor. 

 En calquera caso, a sua obra da pé e convida ao espectador a facer unha interpretación persoal e subxectiva, na que a única consigna é divertirse.


A arte: xeometría e contorna

Gastrobar Daordaria

Praza do Calvario (O Rosal)

Ata o 30 de agosto de 2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario