30 de ago. de 2024

A GUARDA

A Guarda organiza unha xornada de ioga solidario a favor das crianzas saharauís   

O domingo 8 de setembro de 11:00 a 12:30 horas na Alameda da vila




Infogauda / A Guarda

 O Centro Awen, en colaboración co Concello de A Guarda, organiza unha sesión de ioga cun obxectivo solidario.   

 Toda a recaudación destinarase de xeito íntegro a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí) para axudar ao mantemento do programa Vacacións en Paz que permite a nenos/as saharauís pasar os meses de verán en Galicia. Deste xeito, A Guarda quere implicarse na axuda ás familias de acollida do Baixo Miño que realizan esta acción solidaria.  

 Haberá diferentes actividades como ioga e danza para todos os públicos e comezarán o domingo 8 de setembro de 11:00 a 12:30 horas na Alameda de A Guarda. Os donativos solidarios serán a partir dos 6€, mentres que para as familiar serán 10€.    

 Recoméndase aos participantes traer una esteira ou toalla; roupa cómoda; e unha manta ou coxín para a relaxación. 

 Máis información no teléfono 617 660 531. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario