6 de ago. de 2024

A GUARDA

A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa conmemora o centenario do monumental viacrucis do Monte Santa Trega

Na Mostra Filatélica e Coleccionismo XXVIII ExfiMiño que ata o venres pódese visitar na Casa dos Alonso


De esq. á der.: Almudena Taboada, José Ángel Gándara, José Luis Rey, Roberto José Álvarez, Joaquín Miguel Villa, Celso R. Fariñas e Óscar Alonso, no acto de inauguración da Mostra Filatélica e Coleccionismo XXVIII ExfiMiño
Fotos: C.A.G.

Momento da posta en circulación do material postal conmemorativo do I centenario do monumental viacrucis do Monte Santa Trega




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A exposición ExfiMiño, organizada pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.) inaugurouse onte nun acto que contou coa asistencia do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; do 1º tenente de alcalde, Óscar Alonso Álvarez; do concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; de José Luis Rey Barreiro, presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas  (FECOGA); do historiador local, Joaquín Miguel Villa Álvarez; de José Ángel Gándara Rodríguez e Almudena Taboada Lago, presidente e secretaria, respectivamente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa; así como un funcionario en representación de José Luis Franco Rodríguez, director da oficina 5, de Correos de A Guarda.

 Na suás disertacións, todos os intervinientes felicitaron á S.F.N.G. polo seu 60 aniversario e a seu notable labor durante estes anos, motivo polo cal José Ángel Gándara fixo un sucinto repaso das actividades realizadas desde á fundación da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa ata a actualidade. 

 Pola súa banda, o alcalde de A Guarda e deputado provincial, Roberto José Álvarez Carrero, efectuou un repaso das orixes dos selos e da filatelia, e salientou o importante labor realizado pola Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, motivo polo cal brindou o apoio do Concello de A Guarda e da Deputación de Pontevedra para que que poida continuar nesa liña. 

 O historiador, Joaquín Miguel Villa, explicou como se impulsou a construción do monumental viacrucis do Monte Santa Trega durante varios anos e a implicación da Sociedad Pro-Monte para lograr materializar tan magna obra, xa que en todas as estacións - inspiradas nas cruces da Bretaña e realizadas por artistas canteiros de A Guarda e súa contorna, entre eles Higinio Vicente Vicente, natural de Ribadavila, e esposo de Arminda Gómez Martínez (Arminda dos Pantalóns) - conta con obras en altorrelevo da autoría do escultor Julio Vicent i Mengual (Carpesa - Valencia) 9.V.1891 – Madrid, 28.VII.1940).

 Finalmente, foi posto en circulación un selo da clase A, cuño e sobre conmemorativos, así como o boletín ExfiMiño (Boletín informativo da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa), nº 46.


 A XXVIII ExfiMiño estará aberta ata venres de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas, na Casa dos Alonso. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario