13 de xul. de 2024

TOMIÑO

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE CRITICA A PÉSIMA XESTIÓN DO LIXO NO CONCELLO DE  TOMIÑO  


María Violeta de Santiago Moure - á der. - e Mirta Isabel Misa Misa, concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño

 Na sesión plenaria celebrada o pasado 1 de xullo a voceira socialista, Mª Violeta de Santiago, preguntou ao Goberno municipal si están esixindo á empresa concesionaria da xestión do lixo o cumprimento do contrato, pois ao estar de baixa a meirande parte da plantilla de operarios/as está a provocar que o servizo sexa moi deficiente; con contedores insuficientes, sucios, deteriorados nun estado lamentable e desbordados de lixo ó reducir nalgunhas zonas a frecuencia da recollida. Xustamente cando debería ser máis áxil, por estar en época estival aumentando a poboación e creando así unha imaxe de desleixo absoluta no noso concello. 

 Como de costume, ás preguntas concretas  contéstanas con evasivas e desviando a atención. Un claro desinterés por resolver os problemas das veciñas/os. 

 Ademais as concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE insistiron na necesidade imperiosa dun punto limpo en Tomiño. 

 Ante a pregunta de cómo reciclar pequenos aparatos electrónicos sen ter que chamar ao camión de recollida para un cargador de móbil, bombillas, tóners, non souberon qué decir… E mesmamente chegaron a contestar de levalo ata o concello. 

 Afirman as socialistas que o servizo de recollida de voluminosos no que se escudan os nacionalistas, tampouco está a funcionar, pois son conscientes de que hai esperas de preto dun mes para ter acceso a este servizo e ante a posibilidade de que estes residuos estean acabando agochados nos contedores. 

 Critican tamén a suciedade nos cascos urbanos así como a falta dunha campaña real de sensibilización e concienciación que din ter posto en marcha, pero que en realidade é inexistente, tal e como recoñeceu a concelleira de Medio Ambiente, pese a ser anunciada e publicitada nun novo exercicio de engano á veciñanza.  

 A voceira socialista preguntou tamén cal é a razón para que sigan sen levar ao pleno o nomeamento do xuíz/a de paz, incumprindo as bases da convocatoria publicada no B.O.P.PO., nº 22, do 31 de xaneiro. A resposta da Sra. Alcaldesa foi “eu sun a única que decido qué temas se tratan no Pleno” (sic) cun despotismo, prepotencia e arrogancia incualificables, e que nos fai dubidar moito desta decisión final que incumpre as propias bases da resolución ditada e asinada pola mesma alcaldesa.  

 O grupo municipal socialista segue a preocuparse pola praga de moscas, ante un inmobilismo do Goberno municipal, que segue a ser clamoroso, pois nin se convocou a mesa de traballo, nin se elaborou o decálogo de boas prácticas para o sector do agro e gandería, nin se levou a cabo a reunión ca FEGAMP como dixeran.   

 Se preguntou tamén pola problemática do camiño do Carballo, en Goián, obtendo por resposta que nin sequera tiveron a ben reunirse cos veciños e veciñas afectadas, o que demostra unha vez máis a nula xestión e a falta de compromiso e traballo deste un goberno municipal ausente.  

 As concelleiras do grupo municipal do PSdeG-PSOE, voltaron a manifestar o seu malestar ante a falta de lealdade institucional e denunciaron o ninguneo sistemático ao non recibir convite para acudir ás recepcións oficiais do Concello. A resposta da  Sra. Alcaldesa, unha vez máis de maneira ditatorial, e pondo de manifesto o nulo talante democrático que posúe foi “sempre se fixo así”, ao que as socialistas replicaron que ainda que sempre se fixera así, non significa que esté ben feito, polo que esperan que dunha vez este Goberno nacionalista actúe con transparencia, lealdade, sin vetar nin intentar ocultar a representantes dunha parte da cidadanía de Tomiño. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario