1 de xul. de 2024

DEPORTES

 ATLETISMO

DANIELA ASENSIO LORENZO E ALBA VASCONCELLOS RODRÍGUEZ, SUBCAMPIOAS GALEGAS DE CLUBS

Co Atletismo Narón, filial da Sociedade Atlética do Trega 


Alba Vasconcellos Rodríguez e  Daniela Asensio Lorenzo


Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Na pista da Malata (Ferrol) celebrouse o Campionato Xunta de Galicia de Clubs Sub14- 2024, no cal dúas deportistas da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) axudaron ao noso equipo filial Atletismo Narón, a conseguir ser subcampioas por equipos sumando 179 puntos.

 As dúas atletas foron a tomiñesa Daniela Asensio Lorenzo, que interveu na proba dos 1.000 metros lisos, e parou o cronómetro en 3'20"17, conseguindo o bronce individual; e a guardesa Alba Vasconcellos Rodríguez, que disputou a proba dos 2.000 metros lisos facendo unha marca de 7'36"12, conseguindo tamén o bronce autonómico individual, igual que a súa compañeira. 

 Felicidades mozas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario