A Color Rain Festival convertiuse nun éxito para participantes de todas as idades
Infogauda / A Guarda
O sábado A Guarda tinguiuse de cores por unha boa causa: a solidariedade. Ninguén quixo perderse este evento. Por alí pasaron nenas, nenos, rapazada, grupos de amigos e amigas, familias completas e gran parte do equipo de goberno municipal de A Guarda.
A tarde arrancou cunha actuación dedicada aos máis pequenos, a obra de monicreques “De Vilatriste a Vilalegre” do Centro Dramático Galego. A obra sacou risas desde os máis pequenos aos máis maiores.
A continuación, Alejandra, do centro Lioness Training, encargouse do quecemento do grupo, cunha clase de zumba que moveu a todos os participantes. Foi aquí cando xa se empezou a tinguir de cor a liña de saída con ata dous canonazos de cor.
A diversión chegou ata a liña de meta e estendeuse durante moito tempo despois, grazas á música e a entrega de premios como o grupo máis divertido, o máis numerosos e tamén as primeiras persoas clasificadas.
Mais o importante era a participación nunha carreira solidaria que tiña como obxectivo axudar ao proxecto Fogares Sanxe, que ten proxectado crear 30 vivendas destinadas á emancipación de 60 persoas con diversidade intelectual no antigo colexio das Carmelitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario