FESTAS DE SAN CAETANO
Os días 2, 3 e 4 de agosto de 2024, no barrio da Cruzada
O barrio da Cruzada, un dos lugares máis solleiros do concello de A Guarda xa ten todo a punto para á celebración das tradicionais festas na honra de san Caetano, organizadas por un activa comisión, e coa colaboración do Plan Culturea, da Deputación de Pontevedra; Concello de A Guarda; comercio e industria local e veciñanza.
Dese xeito, o día 26 de xullo, ás 12:00 horas, unha tirada de foguetes anunciará o comezo da novena. Como vén sendo costume será na ermida adicada ao santo italiano - Gaetano de Thiene - (Vicenza, 1 de outubro de 1480 - Nápoles, 7 de agosto de 1547), fundador da Orde de Clérigos Regulares; e comezará ás 20:45 co rezo do rosario, e ás 21:00 horas, a novena. A continuación os membros da comisión e veciños, procederán á Subida do Arco.
As festas propiamente ditas, comezarán o venres día 2 de agosto, coa popular Sardiñada de san Caetano.
Esa mesma noite, a partires das 00:30 horas do sábado día 3 de agosto, gran verbena con América.
Xa polo día alto, pasacalles co grupo de gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda.
E desde ás 23:30 horas, gran verbena cos grupos Costa Blanca e Ritmo.
O domingo día 4, ás 12:15 horas, misa cantada pola Coral do Club de Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, e acompañada pola banda de música da Agrupación Musical de A Guarda. Ao finalizar a celebración eucarística terá lugar á procesión.
Ás 19:00 horas, tradicionais poxas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario