A curta documental LGBT ‘Historias silenciadas’ xa está dispoñible en YouTube
Infogauda / A Guarda
“Historias silenciadas” é unha curta documental creada para conmemorar o día do Orgullo 2024 na Guarda. Nela, 10 persoas LGBT+ da vila comparten as súas experiencias, ideas, necesidades e desexos dende o máis íntimo.
A curta foi presentada o Día do Orgullo no Centro Cultural da Guarda, sendo todo un éxito de asistencia, polo que agora estará dispoñible en YouTube para toda persoa que queira vela.
Esta curta enmárcase dentro do proxecto A Guarda Diversa e está liderada polo CIM (Centro de Información ás Mulleres), executada pola cooperativa Outrora e financiada polo Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra.
A equipa da curta está protagonizada polas compañeiras de Outrora cooperativa. Da dirección e produción encargáronse An Diz Neira e Nuria Martínez Lomba, mentres que da gravación e montaxe foi Eire Cid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario