7 de xuño de 2024

OIA

Aprazado o Cross Escolar de Pedornes polas previsións de chuvia   




Infogauda / Oia

 Debido as previsións de chuvia para o sábado 8 de xuño, día no que estaba prevista a celebración o XIII Cross Escolar de Pedornes, o evento deportivo queda aprazado. A nova data comunicarase nos vindeiros días e, mentres tanto, mantense aberta a inscrición unha semana máis. 

 O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Oia, o club Cornelios e a Comisión de Festas de Pedornes, e coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, ten carácter gratuíto. É preciso incluír a autorización asinada polo pai/nai/titor do menor.  

 As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse a través da ligazón https://acortar.link/xumrTA ou consultando a páxina de facebook “Cross escolar de Pedornes”. Para máis información pódese chamar ao Concello ao teléfono 986 362 125.  

 Haberá un total de 6 categorías, cada unha coa súa correspondente distancia: 

Infantil (2011-12): 1.750 metros 

Alevín (2013-14): 1.000 metros 

Benxamín (201516): 500 metros 

Pulgas (2017-18): 350 metros 

Minipulgas (2019-20): 200 metros 

Pulguiñas (2021-22-23): 100 metros

Ningún comentario:

Publicar un comentario