O Concello de Oia decretou un día de loito oficial polo falecemento dunha veciña en accidente de tráfico
Infogauda / Oia
Tras o accidente de tráfico acontecido o sábado en Loureza, onde resultou falecida Marta Mosquera Guimerans, de 33 anos de idade e veciña de Burgueira, o Concello de Oia fixo público no día de onte un comunicado no cal manifesta o seu fondo pesar. Como testemuño de dor do pobo de Oia, foi decretado un día de loito oficial.
Así, as bandeiras ondearán a media hasta desde as 00.00 horas do luns 17 de xuño ata as 24.00 horas. Durante ese día quedarán suspendidas todas as actividades previstas.
En nome de toda a veciñanza de Oia, o Concello trasladou as súas condolencias e solidariedade a familiares e achegados de Marta Mosquera Guimerans, natural de Vigo pero residente na parroquia oiense de Burgueira desde hai máis dun ano. Era unha persoa de carácter alegre e sempre se mostrou participativa nas actividades da comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario