25 de xuño de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

CHRISTIAN SIERPES PEREIRA E MARA ROMEU VICENTE, ÁS PORTAS DE CONSEGUIR O BRONCE 

Coa selección galega, no campionato de España de federacións autonómicas Sub18 


Mara Romeu Vicente e Christian Sierpes Pereira

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Na tarde-noite do pasado sábado, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, de Pontevedra, Christian Sierpes Pereira e Mara Romeu Vicente, dous atletas guardeses formados na escola da Sociedade Atlética do Trega - Tomiño, participaron no campionato de España de federacións autonómicas Sub18, con intervencións por parte de Christian na proba dos 2.000 metros obstáculos e Mara na substitución de 4x400, representaron a Galicia.  

 Un 4º posto foi o obtido polo noso combinado galego, moi preto de subirse ao pódium nacional de comunidades autonómicas. 

 Tan só 21 puntos separounos do pódium para alcanzar o bronce por equipos, sendo este ano novidoso o devandito campionato polo formato mixto, que computaba a puntuación dos dous xéneros. 

 Campionato que levaron os andaluces sumando 273,01 puntos, pero pisándolle os talóns viñan os cataláns que sumaron 273. O bronce foi para a comunidade valenciana que pechaba o pódium con 248 puntos e Galicia xuntou 227 puntos, quedándose co mel nos beizos co seu cuarto posto. 

 Pero cabe destacar que o mellor do campionato, non foi o resultado deportivo, senon que brillou por encima de todo o bo ambiente dos participantes e da nosa expedición, ademais dun público entregado gozando da convivencia de todos os presentes do país. 

 Moitas felicidades mozos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario