25 de xuño de 2024

A GUARDA

A reforma da pista do Centro Cultural xa está rematada   


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e o concelleiro de Infraestructuras, Vías e Obras, Servizo Cidadán e Personal, na pista de baloncesto do Centro Cultural
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O equipo de goberno municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Roberto José Álvarez Carrero, fixo público no día de hoxe que "a reforma da pista do Centro Cultural xa está rematada".  

 "A pista de baloncesto do Centro Cultural presentaba un deterioro moi importante e que o Concello da Guarda acaba de reformar.  

 A petición chegou por parte do Club de Baloncesto BMB para mellorar o estado da pista. Tras un investimento de 17.000€. renováronse as canastras, a pista e as gradas. Esta é a primeira fase para unha mellora e acondicionamento das zonas de ocio e deporte do exterior do Centro Cultural", indica o alcalde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario