PRESENTADO O CARTEL DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2024
Que se celebrarán do 5 ao 15 de agosto
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Alameda, vén de facer público o cartel das Festas do Monte Santa Trega, 2024, que se celebrarán do 5 ao 15 de agosto deste ano.
Mediante unha magnífica fotografía da autoría de Dionisio Ameal Pacheco, fotógrafo guardés, o cartel amosa unha luminosa vista do noso pobo: o monte Torroso, Cividans, Buxán, Salcidos, A Cruzada, Saá (Camposancos), Ribadavila, o barrio de pescadores, o centro da vila, o río Miño, o océano Atlántico, o país veciño, e presíndoo todo, o monte Santa Trega, que semella emerxer, vizoso, cara un ceo azul, sen mácula,..., reflectindo todo iso á inigualable beleza de A Guarda e moitos dos seus engados naturais. Que son, entre outros, atraentes reclamos para os milleiros de visitantes que cada ano teñen a ben vir ata nosa vila e desfrutar das Festas do Monte. E por suposto, das nosas tradicións, da saborosa gastronomía, dunha suave climatoloxía, das salutíferas praias fluviais e marítimas,... E sobor de todo, da hospitalidade da nosa xente.
Segundo avanzou a devandita asociación, nos próximos días sairá o programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario