21 de maio de 2024

TUI

Evento benéfico San Xerome Emiliani

FESTIVAL FOGARES SANXE

O 15 de xuño, ás 19:00 horas, na Casa Cultural de Randufe




Ricardo Rodríguez Vicente / Tui

 O vindeiro día 15 de xuño, ás 19:00 horas, a Casa Cultural de Randufe vai acoller o Festival Fogares Sanxe, no que todo canto se recade destinarase para o proxecto FoGaRes SanXe. 

 No devandito festival participarán: XeRock Percusión; Grupo de Playback Xuntanza; Membros da Escola Coral Ponte das Febres; A Sentinela; Grupo Toke de Queda; e Grupo Pickan tones.

 A entrada é de 3 euros por persoa. En todo caso, para quen o desexe haberá Fila 0, mediante ingresos no seguinte código IBAN:

ES13.2100.4046.1422.0022.8292

 Concepto: Nome, apelidos e DNI da persoa que efectúa o ingreso.

Tamén se pode doar en Bizum co código 06424

 O evento benéfico está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza, de Randufe (Tui) e a Asociación San Xerome, coa colaboración do Concello de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario