9 de maio de 2024

MOAÑA

A Talangreira do Beque celebra o Día das Letras Galegas con un programa cultural moi completo 


Membros de Talangreira do Beque, na presentación da programación para celebrar o Día das Letras Galegas

 Informan: Erea Rodríguez e Cintia Lomba

 A Talangreira do Beque, en Moaña, anuncia un emocionante programa de eventos para celebrar o Día das Letras Galegas. O evento, deseñado para recordar a herdanza cultural galega, promete unha tarde chea de actividades para todas as idades e gustos. 

 A celebración dará comezo ás 17:00h cun obradoiro gratuito de impresión en taza, da man de Impregna, marca moañesa de diseño téxtil e impresión donde os participantes poderán experimentar mentras crean as súas propias tazas personalizadas gratuitamente para levarse a casa un recordo moi especial. Inscripción no 655 568 988. 

 As 18:00h, a emoción continuará con unha Habitación de Escape ou búsqueda do tesouro dixital dentro do recinto da talangreira, da man da cooperativa da Guarda ´Skeirrum´. Esta terá unha duración aproximada de hora e media. A temática desta experiencia será sobre mulleres relevantes de Galicia e levará aos participantes a coñecer e descubrir a historia destas mulleres mentras resolven retos e desafíos nun entorno estimulante e natural. 

 O prezo da Habitación de Escaoe é de 15€ por persona, poderán inscribirse a través desta ligazón: Mulleres relevantes de Galicia: Talangreira do Beque. 

 Para finalizar a xornada, os asistentes terán a oportunidade de disfrutar dun concerto a cargo dun dos grupos de música máis potentes de Galicia, Loita Amada ás 21:00. Ademáis de 20:00 a 23:00, ofrecerase unha deliciosa selección de tapas tan só a 4€, para que os asistentes poidan disfrutar da música e da gastronomía neste día tan especial. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario