15 de maio de 2024

A GUARDA

TOCAMÚSICA SAE Á RÚA

UNHA NOVA PROGRAMACIÓN QUE LEVARÁ MÚSICA  E DIVERSIÓN A MOITOS E DIVERSOS LUGARES DA GUARDA  




Infogauda / A Guarda 

 A Oficina Municipal de Información Municipal (OMIX) do Concello de A Guarda, vén de facer público que este mes de maio sae á luz un ciclo de concertos que procura levar música ata ás prazas e recunchos da nosa vila. O programa leva por nome TocaMúsica, tendo en mente marcar na axenda un evento divertido, onde a música é a protagonista e no que compartir un espazo público e un momento de ocio con amigas e amigos será algo importante nos nosos calendarios sociais. 

TocaMúsica

 A programación arrancará o día 25 de maio, ás 12:30 h., na Praza Avelino Vicente cunha sesión vermú, coa actuación de AcevedosDelgados, grupo baixomiñoto que conta cun repertorio moi diverso con temas propios e versións.    

 O calendario de actuacións continuará do seguinte xeito:   

Dj Diego Mariño   

Xuño – venres 7 ás 23 horas, na Alameda.   

Castro y los escoltas   

xuño – sábado 22 ás 22  horas na praza do Reló.  

Litus   

Xullo – xoves 11 ás 22 horas na rúa Vicente Sobrino.  

Pacheco Bros   

Xullo- xoves 25 ás 22 horas na rúa do Porto.    

Stewart e Guille   

Setembro - domingo 1 ás 12:30, na rúa Concepción Arenal, esquina parque infantil.  

 Dar resposta a moitos e diversos públicos e dinamizar ás rúas é o que se pretende con esta programación tan variada e chea de múltiples facetas. Como valor engadido o Concello de A Guarda conta tanto con artistas locais e da comarca, como tamén de fóra da nosa contorna, tratando de ofertar algo diferente para quen se queira achegar. Todo este programa conta co apoio do Plan + Provincia.  

 Así que recordade, a partir deste mes e ata setembro: TocaMúsica. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario