TOCAMÚSICA SAE Á RÚA
UNHA NOVA PROGRAMACIÓN QUE LEVARÁ MÚSICA E DIVERSIÓN A MOITOS E DIVERSOS LUGARES DA GUARDA
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Municipal (OMIX) do Concello de A Guarda, vén de facer público que este mes de maio sae á luz un ciclo de concertos que procura levar música ata ás prazas e recunchos da nosa vila. O programa leva por nome TocaMúsica, tendo en mente marcar na axenda un evento divertido, onde a música é a protagonista e no que compartir un espazo público e un momento de ocio con amigas e amigos será algo importante nos nosos calendarios sociais.
TocaMúsica
A programación arrancará o día 25 de maio, ás 12:30 h., na Praza Avelino Vicente cunha sesión vermú, coa actuación de AcevedosDelgados, grupo baixomiñoto que conta cun repertorio moi diverso con temas propios e versións.
O calendario de actuacións continuará do seguinte xeito:
• Dj Diego Mariño
Xuño – venres 7 ás 23 horas, na Alameda.
• Castro y los escoltas
xuño – sábado 22 ás 22 horas na praza do Reló.
• Litus
Xullo – xoves 11 ás 22 horas na rúa Vicente Sobrino.
• Pacheco Bros
Xullo- xoves 25 ás 22 horas na rúa do Porto.
• Stewart e Guille
Setembro - domingo 1 ás 12:30, na rúa Concepción Arenal, esquina parque infantil.
Dar resposta a moitos e diversos públicos e dinamizar ás rúas é o que se pretende con esta programación tan variada e chea de múltiples facetas. Como valor engadido o Concello de A Guarda conta tanto con artistas locais e da comarca, como tamén de fóra da nosa contorna, tratando de ofertar algo diferente para quen se queira achegar. Todo este programa conta co apoio do Plan + Provincia.
Así que recordade, a partir deste mes e ata setembro: TocaMúsica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario