O Concello de A Guarda vén de contratar a 12 traballadores desempregados
• Ao abeiro do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que reforzou a súa plantilla de persoal durante este 2024 grazas á subvención do Plan + Provincia, activación do emprego.
Este programa ten como finalidade a contratación de traballadores desempregados para reforzar os diferentes servizos municipais
A axuda recibida da Deputación de Pontevedra ascende a cuantía total de 171.520,17 € para sufragar os gastos de salario e Seguridade Social. Dese xeito foron contratadas 12 traballadoras/es desempregadas/es para os seguintes servizos:
11 peóns limpadoras/es, 8 meses.
1 ordenanza, 6 meses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario