10 de maio de 2024

A GUARDA

O Concello de A Guarda vén de contratar a 12 traballadores desempregados

 Ao abeiro do Plan + Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra

 

O alcalde e o concelleiro de persoal con varias persoas que foron contratadas grazas á subvención do Plan + Provincia

Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe que reforzou a súa plantilla de persoal durante este 2024 grazas á subvención do Plan + Provincia, activación do emprego.  

 Este programa ten como finalidade a contratación de traballadores desempregados para reforzar os diferentes servizos municipais  

 A axuda recibida da Deputación de Pontevedra ascende a cuantía total de 171.520,17 € para sufragar os gastos de salario e Seguridade Social. Dese xeito foron contratadas 12 traballadoras/es desempregadas/es para os seguintes servizos:  

11 peóns limpadoras/es, 8 meses.  

1 ordenanza, 6 meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario