10 de maio de 2024

A GUARDA

Nove persoas usuarias representarán ao centro San Xerome no XXVIII Campionato Galego de Atletismo Adaptado 


Nove persoas usuarias do centro San Xerome acudirán ao XXVIII Campionato Galego de Atletismo Adaptado

Foto: A.S.X.

Asociación San Xerome / A Guarda

 Nove persoas usuarias do centro San Xerome Emiliani, de A Guarda, acudirán ao XXVIII Campionato Galego de Atletismo Adaptado que terá lugar o próximo 15 de maio na pista de atletismo Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, nun horario estimado de 11:00 a 14:30h. 

 A proba confórmase de tres categorías denominadas competición, adaptada e xogo, dependendo das capacidades de cada participante. Na categoría competición non existe ningún tipo de adaptación para as persoas implicadas, sendo a categoría con maior dificultade e xogo a de menor. Na adaptada, a actividade conta con algúns axustes para permitir a participación de persoas con certos inconvenientes para a actividade física.   

 O centro irá representado por 9 usuarios que participarán en diferentes categorías, oito en modalidade masculina e unha en modalidade feminina. Os participantes competirán nas seguintes probas:  

- 1º participante: peso ADP e 60 metros Adaptada. 

- 2º participante: Peso ADP e 800 metros Adaptada. 

- 3º participante: 400 metros Adaptada. 

- 4º participante: 60 metros Adaptada. 

- 5º participante: 60 metros Xogo.  

- 6º participante: 60 metros Xogo.

- 7º participante: 60 metros Adaptada. 

- 8º participante: 400 metros Xogo.  

- 9º participante: 400 metros  Adaptada.  

 Durante este mes os membros do San Xerome Emiliani continuarán preparándose para participar en diferentes disciplinas deportivas. Por iso, tamén estarán presentes no Campionato Galego de Remo que levará a cabo o vindeiro mércores 29 deste mesmo mes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario