Alda Hotels conmemora os seus 15 anos en Cabanas na súa convención anual
• A cadea galega celebra de forma simultánea o acto de inauguración do seu novo aloxamento en Galicia, Alda Cabanas Praia, e a súa reunión de equipos coincidindo co XV aniversario da compañía
Raquel Silva / Cabanas (A Coruña)
O grupo Alda Hotels naceu no ano 2009 en Santiago de Compostela coa apertura do albergue Alda O Fogar de Teodomiro, un establecemento que segue en funcionamento a día de hoxe. Desde esa data e ata a actualidade, a cadea chegou a outras 7 comunidades máis, superado os 80 aloxamentos, alcanzado unha facturación de máis de 20 millóns de euros e cun persoal de máis de 500 traballadores. Precisamente e para celebrar o crecemento obtido nestes 15 anos, a compañía organizou en Galicia a súa convención anual no último aloxamento que se suma ao portfolio, Alda Cabanas Playa, situado na localidade coruñesa de Cabanas con vistas ao mar.
Ademais e coincidindo coa convención anual, a compañía aproveitou para levar a cabo a inauguración oficial do establecemento hostaleiro, nun acto no que participaron o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas; o alcalde de Cabanas, Fernando Couce; e o CEO da compañía, Alberto Rodríguez Boo, quen dedicou parte da súa intervención para repasar a historia da cadea que el fundou hai 15 anos, cunha emotiva mirada ao pasado, pero tamén coa vista posta no futuro e nos retos da compañía, que pasa por “xerar valor engadido”.
Así, Rodríguez Boo sinalou “ver con enorme satisfacción como evolucionaron eses anos, como empezamos con ese modesto hostel en Santiago de Compostela e non expóndonos en ningún momento que puidésemos chegar a 82 establecementos funcionando en toda España”. Esa evolución e ese crecemento en profesionalidade corporativa é palpable en todos os aspectos, pois “ao crecemento xeográfico hai que sumarlle o organizativo, xa que Alda Hotels tamén creceu como empresa, conseguindo un equipo conformado por varios departamentos con persoal especializado en cada área e que funciona como un reloxo suízo”, engadiu Alberto.
Un equipo que tal e como destacou o seu CEO, mira cara ao futuro cun propósito claro: “Crecer menor, pero crecer mellor” e “poñer en valor a nosa marca”.
Pola súa banda, Antonio Casas lembrou o interese da Xunta en sentar as bases que posibiliten que os turistas que visitan a comunidade gozar do destino e poidan gozar dos mellores servizos, axudando a través dun plan de subvencións e axudas, traballando e apoiando á consolidación da marca Galicia. Nese sentido, o xerente de Turismo de Galicia fixo unha valoración moi positiva de "proxectos como o de hoxe que desde a iniciativa privada demostran o seu esforzo en mellorar a competitividade turística".
Finalizou o acto, o alcalde de Cabanas, Fernando Couce, quen lembrou os inicios do propio establecemento reconvertido hoxe no hotel Alda Cabanas Playa destacando a “contorna privilexiada” no que se atopa, e confesando a súa satisfacción por “ter novos veciños que axudan a dar rendibilidade á zona”, sendo o turismo uno dos grandes motores económicos do Concello.
A cita congregou a numerosas personalidades de diferentes ámbitos, incluíndo compañeiros do sector e do tecido empresarial da zona, que quixeron sumarse ás celebracións da cadea.
SOBRE A CONVENCIÓN
Como cada ano, Alda Hotels reúne a parte importante do persoal na súa convención anual. Chegados desde diferentes puntos das 8 comunidades nas que a cadea está presente e pertencentes a distintos departamentos, os empregados non quixeron perderse o evento e participar nas diferentes actividades que deron comezo onte, martes día 16, e que se prolongarán ata mañá, xoves.
Ademais das reunións de traballo dos diferentes departamentos, os asistentes gozaron da oferta gastronómica de Garfo e Coitelo e dun completo programa de lecer e convivencia, nos que destacaron actividades lúdicas ao aire libre, charlas e talleres sobre proxectos de responsabilidade social corporativa, espectáculos de humor, sorteo de agasallos e entrega de recoñecementos, nun dos actos festivos máis celebrados.
SOBRE O NOVO ALOXAMENTO
Alda Cabanas Playa, con 76 habitacións e anteriormente coñecido como hotel Iberia, está situado na localidade coruñesa do mesmo nome e xa está a recibir aos seus primeiros hóspedes. A el sumarase en breve outro establecemento no mesmo municipio, Alda Cabanas Nature, anteriormente albergue Natureza de Laraxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario