23 de abr. de 2024

TUI

A XXV Feira do Libro Galego, presentación de libros, contacontos, exposicións e un roteiro literario no Mes das Letras 

“A casa dos libros orfos” na Praza da Inmaculada abre esta programación  




Infogauda / Tui

 Doce actividades conforman a programación do “Mes das Letras” promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Cultura. Até o 8 de xuño desenvolverase unha ampla oferta de actividades arredor do libro, da lectura e as Letras Galegas.  

 Hoxe 23 de abril, Día do Libro, comezou a programación coa apertura na Praza da Inmaculada da “Casa dos libros orfos”, unha iniciativa da Biblioteca Municipal tudense. No antigo quiosco desta céntrica praza a Biblioteca tudense ten depositado un amplo conxunto de libros repetidos ou descatalogados que pon ao dispor da cidadanía que pode collelos en calquera momento para gozar dun rato de lectura na propia Praza da Inmaculada ou levalo á casa, e mesmo quedarse con el coa única condición de deixar outro no seu lugar. Nesta “Casa dos libros orfos” tamén teñen cabida os libros que xa non interesan nos andeis domésticos, coa condición que no sexan enciclopedias ou libros obsoletos.  

 Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, salienta que esta proposta trata de achegar os libros á veciñanza, dándolle unha nova oportunidade aos libros repetidos de converterse nunha oportunidade de lecer, de coñecemento ou enriquecemento persoal. A concelleira convida á veciñanza a achegarse a esta “Casa dos libros orfos” cunha chamada a manter o orde nos andeis deste quiosco e a non estragar as obras alí depositadas.  

 Este programa de actividades continuará este venres, 26 de abril, ás 20 h coa presentación do libro “Querida Arcea” de Felín Romero, que organiza a Librería Nobel, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui.  

 Nas próximas semanas haberá contacontos, exposicións, unha conferencia sobre Luisa Villalta, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, e un roteiro literario.  

 A principal cita deste “Mes das Letras” será de novo a celebración da Feira do Libro galego, o venres 17 de maio, que chega neste ano á súa XXV edición.  

 A programación completa do Mes das Letras é a seguinte:     

Martes 23 abril:

Día do Libro  Inauguración: “Casa dos libros orfos” no Kiosko da Praza da Inmaculada.  

Venres 26 de abril  

Presentación do libro de Felín Romero: “Querida Arcea”.  

Sala Municipal de Exposicións – 20.00 horas  

Martes 30 abril  

“Contacontos para bebés” con Pablo Díaz.  

Biblioteca Municipal – 18.00 horas.  

Luns 6 de maio – 8 de xuño  

Exposición:  “Brontë, Shakespeare y otros frikis: clásicos que has leído sin saber que eran fantásticos”  de Pórtico: Asociación Española de Fantasía, Ciencia Ficción y Terror  

Anexo Sala Municipal de Exposicións.  

Martes 7 maio  

Contacontos “Leo leiño”  Biblioteca Municipal – 18.00 h.  

Martes 14 maio  

Conferencia “Luisa Villalta, devir comunidade” por Marga do Val  Biblioteca Municipal – 19.00 horas  

Venres 17 de maio  

XXV Feira do libro galego  

Postos de Libraría Iris e Nobel. 

Pregón por Alfonso Ferreira ás 12.00 horas. 

Dúas actuacións maña e tarde: 

Magín Blanco con Caderno de cores e cancións ás 12,30 horas. 

Picadiscos con MariFaltri ás 18,30 hora.s 

Exposición de bibliografía tudense en Oficina Turismo .

Encontro con autores locais. 

Martes 21 de maio  

 Contacontos “Extra!” con Paco Nogueiras para nenos e nenas de 5-10 anos.

Biblioteca Municipal – 18.30 horas. 

Xoves 23 de maio – 1 xuño  

 Exposición dos obradoiros de Asociación de Amas de Casa e Usuarios.  

Sala Municipal de Exposicións.  

Sábado 8 de xuño:  

Roteiro literario pola ribeira do Miño.  Inicio na Ponte Internacional – 10.30 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario