16 de abr. de 2024

GONDOMAR

CICLO DE CONFERENCIAS: CRISE CLIMÁTICA OU CRISE DO SISTEMA 

A crise ambiental e social, unha oportunidade para cambialo todo

 O vindeiro xoves 18 de abril, ás 20h, no local do IEM




IEM / Gondomar

 O vindeiro xoves 18 de abril ás 20h terá lugar no local do IEM (Aula de Cultura “Ponte de Rosas”, Avda. da Feira, 10 - Gondomar),  a segunda das conferencia das pertencentes ao ciclo “Crise climática ou crise do sistema?” denominada A crise ambiental e social, unha oportunidade para cambialo todo.  

 Neste acto presentado por Juan Hermida, director do IEM, o protagonista será Fernando Valladares, investigador do CSIC.  

 O rumbo que leva a civilización en materia ambiental e social pode resultar máis que alarmante, angustioso. A crisie ambiental, que se determina obxectivamente a través da ruptura de seis dos nove límites planetarios, ten consecuencias e manifestacións moi diversas (sociais, sanitarias, xeopolíticas e, por suposto, económicas) que contribúen a xerar un fatalismo que neutraliza a acuciante necesidade de actuar. Sen embargo, esta situación é en realidade unha oportunidade histórica para antepoñer os dereitos humanos aos intereses económicos e ás inercias e intereses cortoplacistas de moitos. Temos que aprender a entender que o ineludible decrecemento económico trae consigo benestar e futuro. Ou, en palabras, de Jason Hickel, abundancia radical. Una abundancia de bens intanxibles pero imprescindibles para a saúde individual e colectiva que debería poder servir de motivación para afrontar os cambios profundos que necesitan implementarse para retornar ao espazo seguro, dentro dos límites planetarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario