11 de abr. de 2024

GOIÁN (TOMIÑO)

A Agrupación Musical de Goián vai celebrat o seu tradicional Concerto do Socio  

 A cita será este sábado 13 de abril ás 20.00 horas no auditorio de Goián, baixo a batuta de Pedro Villarroel  




Infogauda /  Goián (Tomiño) 

 A Agrupación Musical de Goián quenta motores para celebrar unha nova edición do seu tradicional Concerto do Socio. Trátase dunha actuación coa que cada ano integrantes e directiva da agrupación expresan o seu máis profundo agradecemento a todas as persoas, empresas e entidades que as acompañan ao longo de todo o ano e que depositan na Agrupación Musical de Goián a súa total confianza para que poida seguir desenvolvendo a súa actividade social, cultural e educativa.  

 A cita será este sábado 13 de abril ás 20.00 horas no auditorio municipal de Goián, onde as persoas asistentes poderán gozar - de balde - dun concerto  baixo a batuta de Pedro Villarroel, aberto a todo o público. Será un marabilloso espectáculo que contará coas actuacións da Banda Xuvenil e da Agrupación Musical de Goián.  

 A alcaldesa, Sandra González, convida a toda a veciñanza a participar neste novo concerto da Agrupación Musical de Goián, “un elemento esencial en termos culturais no noso concello, un proxecto consolidado que leva máis dun cuarto de século traballando para encher Tomiño de música e cultura non só co seu amplo programa de actividades, senón tamén da Escola de Música, a través da que se continúa a importante tradición musical da que gozamos no noso concello”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario