6 de abr. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"MÚSICA E PALABRAS": UN ESPAZO PARA O ENCONTRO COA CULTURA E AS PERSOAS






 José Fernando Martínez Martínez* / Camposancos

 Onte día 5 de abril de 2024, na Casa de Montes de Camposancos, tivo lugar a enésima celebración de "Música e Palabras".  

 Este acto vénse realizando dende o ano 2017 para gran satisfacción de todos as persoas que sinten algo de inquedanza pola literatura e a cultura, en xeral. Nel, de xeito espontáneo, os participantes poden dar a coñecer as súas obras, afeccións ou intereses nun ambiente relaxado, envolto en un veo musical. A música é interpretada en vivo e  coordinada coas intervencións que poden ser poéticas, declamatorias, satíricas ou teatrais. Os participantes poden limitarse a escoitar ou intervir, sen necesidade dunha programación. 




 A conclusión do acto, os participantes e o respectable público son convidados a  uns petiscos e viño galego, ocasión ideal para estimular a conversa e o intercambio de ideas. 

 Sen dubida é esta unha actividade cultural democrática, popular e viva, que ten poucos parangóns na comarca e do que a xunta reitora da comunidade de montes está moi satisfeita.

* Responsable da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario