12 de abr. de 2024

A GUARDA

Antonio Martínez “Cachi” vén de inaugurar a exposición Maradentro, no Espazo Xove, de Ourense

 O pintor guardés levará a súa obra por diversos Espazos Xove de Galicia  


Antonio Martínez Martínez “Cachi”, pintor de A Guarda, nunha exposición precedente
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 O pintor guardés Antonio Martínez Martínez “Cachi” vén de inaugurar a exposición Maradentro, no Espazo Xove, de Ourense. Con 12 obras, representativas da súa producción artística, o pintor estará durante todo o mes de abril na capital ourensá, para posteriormente visitar outras delegacións do Espazo Xove de Galicia.   

 A obra de Antonio Martínez “Cachi” caracterízase pola representación realista de paisaxes entre as que destacan diversos recunchos da nosa comarca, pero tamén outras localizacións de Galicia, cunha destacada presenza do mar, definidas por un estilo moi persoal e característico. 

 Antonio Martínez é o autor do mural situado na Praza de Avelino Vicente, unha singular panorámica da Guarda que reflicte o noso patrimonio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario