22 de abr. de 2024

A GUARDA

A Guarda celebrará o Día do Libro 

• Con descontos nas librerías, programación cultural e a IV Ruta do Libro 




Infogauda / A Guarda

 O vindeiro 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, e na Guarda unímonos a esta celebración a nivel mundial con variadas actividades entre as que destacan principalmente o desconto do 10% en libros durante todo o día nas librerías Cervantes, Atlántica, Ideas e Ler, así como o inicio da IV Ruta do Libro.  

 A Ruta do Libro é unha iniciativa que pretende fomentar o consumo de libros no noso comercio local, mediante a cal polo gasto mínimo de 30€ en libros poderase obter un agasallo a recoller na Biblioteca Municipal. As datas da campaña van do 23 de abril ao 25 de maio.  

 Ademais destas iniciativas de carácter comercial o mes de abril e de maio está repleto de actividades relacionadas coa literatura. Dese xeito, no día 27 de abril ás 20:30h, no salón de actos do Centro Cultural, será o momento de recuperar a figura de Emilia Pardo Bazán, cunha proposta de narración verbal na que Cris de Caldas unirá os contos da tradición oral das nosas avóas cos contos e historias de dona Emilia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario