PROPOSTAS DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE TUI EN RELACIÓN Á NOVA ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE TAXI
Grupo municipal do BNG de Tui
En relación á elaboración da nova ordenanza municipal do servizo de taxis, o grupo municipal do BNG de Tui fai as seguintes suxestións:
- Entendemos que a nova parada oficial municipal debe quedar establecida na rúa Ourense ou na rúa Compostela, sempre contando co criterio das asociacións oficiais representativas do sector e valorando posibles modificacións en relación á ordenación do tráfico que se está levando a cabo no casco urbano.
- A parada de taxis debe dispor das condicións máis adecuadas. Debe dotarse de marquesiña para facilitar os tempos de espera, tanto de profesionais coma de usuarios. Debería contar cunha zona de arborado próximo que proporcione sombra e menores temperaturas nos meses de verán. Ademais precisan teléfono fixo.
- É necesaria a creación dun servizo de taxi a demanda , compartido con varios usuarios e con cobro individual por praza, especialmente para o transporte en determinadas zonas do rural. - Tamén consideramos necesario cubrir a necesidade de vehículos adaptados para persoas con diversidade funcional.
- Debería estar ben delimitada e sinalizada a área urbana.
Tui, 2 de marzo do 2024
Ningún comentario:
Publicar un comentario