Tomiño arranca marzo coa visita dunha unidade móbil de doazón de sangue
• Estará o vindeiro martes 5 na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas
Infogauda / Tomiño
Tomiño comeza o mes de marzo achegando a súa pinga de solidariedade. O vindeiro martes día , unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue visitatá o concello para que todas as persoas que o desexen poidan achegarse a doar e salvar así ata tres vidas. Como vén sendo habitual, a unidade estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Dende a Axencia lembran que as reservas de sangue dos grupos A-, 0+ e AB- están a niveis baixos, polo fan un chamamento a acudir a doar.
Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles a diferentes puntos de Galicia e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender ás e aos doentes que así o precisen.
As persoas interesadas en doar deben lembrar que só poden doar os maiores de 18 anos cun peso mínimo de 50 kg, que hai que almorzar ou agardar dúas horas despois do xantar e levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recoméndase non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios e débese informar ao persoal médico se se está a tomar algunha medicación.
A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase o de subministrar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia en función das súas necesidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario