23 de mar. de 2024

LALÍN

Román Rodríguez enxalza a figura de Paco Lareo 

Polo seu labor a prol da dinamización cultural na comarca do Deza 


Durante o acto, no antigo parque da Casa da Xuventude, descubriuse unha escultura conmemorativa do homenaxeado, quen finou no ano 2012
Foto: X.G.

Infogauda / Lalín 

 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do Parque do Pintor Paco Lareo en Lalín. Alí aproveitou para poñer en valor a figura do polifacético artista de Vila de Cruces, quen traballou “ao longo da súa vida pola dinamización cultural da comarca do Deza e colaborou sempre altruistamente con este municipio”, sinalou o representante da Xunta de Galicia. 

 Durante o acto, no antigo parque da Casa da Xuventude, descubriuse unha escultura conmemorativa do homenaxeado, quen finou no ano 2012. Quedou, así, oficialmente inaugurado o parque co nome deste polifacético veciño de Vila de Cruces “a quen tanto temos que agradecerlle”, engadiu Román Rodríguez. “Sempre colaborou coas institucións, asociacións, empresas e veciños da zona, co único obxectivo de activar socioculturalmente Lalín, a comarca e Galicia”, concluíu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario