ATLETISMO
Álex Sierpes Pereira, representará á Sociedade Atlética do Trega no Campionato de España Sub18 Short-Track
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, plusmarquista de 15 anos dos 1.500 metros obstáculos representará á Sociedade Atlética do Trega (Tomiño) no Campionato de España Sub-18 Short-Track.
No devandito campionato, que se celebrará en Sabadell (Barcelona), os días 24 e 25 de febreiro de 2024, Álex Sierpes competirá na proba dos 3.000 metros, despois de lograr a mínima esixida pola Real Federación Española de Atletismo, marca que estableceu o pasado 21 de xaneiro de 2024 en Expourense cun tempo de 8:34.09 a ritmo de 2:51 no mil, que supón a mellor marca española e primeiro da clasificación Sub-18 deste ano.
Coa preparación para o devandito campionato, o atleta guardés tamén logrou as mínimas nos 800 m. cun rexistro de 1:58.49 a ritmo de 2:28 o mil (20/1/2024) e o 13/1/24 en Braga, estableceu unha marca de 3:59.85 (a ritmo de 2:40/km) que lle serve para ser a mellor marca galega xuvenil deste ano.
Esta próxima fin de semana enfrontarase aos mellores especialistas do medio fondo do panorama naciona. Entre eles estarán na lista de saída, nada menos que 6 campións de España de diferentes probas, prognosticando - con tanto nivel -, unha final de infarto, quedando moi aberta para alcanzarse coa presea.
Aínda así, desde o club, desexámosche moita sorte, que sexas un digno e valente competidor, que iso che valla de bagaxe e experiencia cara un futuro prometedor, tenta finalizar a última proba da tempada de pista cuberta da mellor maneira posible, porque para nós xa gañaches a proba, con tan só volver levar as nosas cores a esa pista onde o ano 2022 regaláchesnos o bronce nacional Sub-16 de primeiro ano, sentíndonos orgullosos, hoxe mañá, e sempre
Ningún comentario:
Publicar un comentario