3 de xan. de 2024

TUI

LUÍS BARÁ, DEPUTADO DO BNG NO PARLAMENTO GALEGO, REUNIUSE COA VECIÑANZA DE AREAS E RANDUFE

 En relación os problemas que seguen persistindo no acceso ao Polígono de Areas


O deputado do BNG no parlamento galego Luís Bará, reuniuse coas veciñas e veciños de Areas e Randufe

Asemblea Local do BNG / Tui

 Na tarde de onte, 2 de xaneiro do 2024, o noso deputado do BNG no parlamento galego Luís Bará, reuniuse coas veciñas e veciños de Areas e Randufe, os cales trasladáronlle os problemas que seguen persistindo no acceso ao Polígono de Areas. 

 Dende a Asemblea Local do BNG de Tui, volvemos a denunciar a falta de planificación e organización por parte da goberno da Xunta de Galiza do Partido Popular na construción da nova saída da autoestrada ao Polígono Industrial de Areas. 

 Trasladamos este problema ao parlamento galego no ano 2021, e a data de hoxe, a pregunta realizada polo noso deputado Luís Bará, segue sen resposta por parte do PP. 

 Ante este situación de abandono, e de falta de respecto cara as veciñas e os veciños de Areas e Randufe, o BNG comprométese a, dende o goberno da Xunta, a partir do 18 de febreiro, a resolver as deficiencias denunciadas no seu día e constatadas onte mesmo. O túnel que une estas parroquias actualmente é un colo de botella de 5 metros de alto e 7 de ancho que impedirá a circulación fluída de transportes pesados e agrícolas e que condicionará a instalación de futuras empresas. Este desleixo é debido a unha falta de organización e planificación, ou unha falta de ambición, polo actual goberno do PP da Xunta de Galiza. 

 Recentemente o Partido Popular de Tui propuxo en pleno incluír o noso concello na rede galega de concellos emprendedores, mais dende a xunta estrangulan estas posibilidades con obras como a que estamos a denunciar. 

 Mais, se non fose suficiente con todo isto, unha das eivas máis graves da obra e o acceso de peóns pola mesma. Este acceso, que non recolle nis as medidas legais para una pasarela, é un perigo para os cidadáns que pasan por aí a diario. 

 Por todo o exposto, informamos que a maiores de volver a realizar a pregunta no parlamento galego inmediatamente, levaremos a pleno municipal unha moción solicitando ao pleno da corporación municipal que inste a Xunta a solucionar este problema, así como instar ao goberno municipal do PSOE a que revise o estado de camiños, regos e demais equipamentos antes de entregar a obra por parte da Xunta, xa que o seu estado actual é deficiente. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario