3 de xan. de 2024

OIA

Os Reis Magos sementarán ilusión polas parroquias de Oia 

 Na tradicional cabalgata do día 5   


As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias de Oia
Foto: C.O.


Infogauda / Oia 

 As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias de Oia ao longo da xornada do 5 de xaneiro, saudando a todas as persoas que saian ao seu encontro.  

 Melchor, Gaspar, Baltasar e a súa comitiva irán sementado ilusión polo municipio, previamente a súa atarefada noite  de traballo repartindo agasallos por todas as casas.  

 O itinerario da cabalgata será o seguinte: 

- A Portela: 11.00h. 

- Mavia e Santa Comba: 11.30h. 

- Acevedo: 12.00h. 

- Praza de Loureza: 12.30h. 

- Praza de Burgueira: 13.00h. 

- Praza de Torroña: 13.30h.  

- Casa cultural de Viladesuso: 15.00h. 

- Casa Cultural de Pedornes: 15.30h. 

- Baixada ao Mosteiro: 16.15h.  

 Neste tramo, os reis irán acompañados da Rondalla de Mougás. Desde alí a comitiva trasladarase á igrexa parroquial de Santa María de Oia, onde haberá canto de panxoliñas e terá lugar a entrega de premios das postais da catequese. 

- CEIP Mestre Manuel García: 17.15h. Recepción aos reis e festa con agasallos, chocolatada e animación infantil.  

- Casa Cultural de Mougás: 19.00h.  

 Os horarios poderán sufrir modificacións por mor da choiva. A información irase actualizando na web do Concello e no facebook da Oficina de Turismo de Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario