10 de xan. de 2024

GOIÁN (TOMIÑO)

O Cineclub Poleiro proxectará a película chinesa El regreso de las golondrinas

 Este xoves, 11 de xaneiro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián




Rita Alonso / Goián

 O Cineclub Poleiro vai proxectar este xoves, día 11 de xaneiro, ás 20:30 horas, El regreso de las golondrinas, unha película chinesa con guión e dirección de Li Ruijun, que gañou a Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid en 2022. 

 Sinopse: Un drama rural sobre a humildade. A sinxela Ma e o tímido Cao, foron expulsados das súas respectivas familias e obrigados a casar nun matrimonio concertado. Para sobrevivir xuntan forzas construindo un fogar. No medio da adversidade, crean un vencello entre eles, en sintonía cos ciclos da Terra, para prosperar.  

 As críticas destacan que se trata dun prodixio de sinxeleza, un eloxio á comprensión do outro, a dignidade e a humanidade do director para contar a historia de dúas persoas que están perdidas.  

Premios: Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e nominada a Mellor película no 72º Festival Internacional de Berlín.  

 Bono socio para as catro películas do Ciclo de Outono: 10 euros. 

 O cineclub Poleiro  conta co apoio da concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario