3 de xan. de 2024

GALICIA

Televisión de Galicia busca alumnos de entre 2º e 4º da ESO 

 Para participar no concurso "Tal Semente" presentado por Esther Estévez, do "Digocho eu"   




Equipo de produción de Centroña Producións Audiovisuais / Galicia

 “Tal Semente” é un concurso cultural coa dinámica de preguntas e repostas para xogar en parella, entre un adulto e un mozo de entre 2º e 4º da ESO cunha relación de parentesco entre eles. Un emocionante concurso que promove a aprendizaxe en familia e a diversión mentres se pon á proba o coñecemento nunha variedade de temas: ciencias, sociais, lingua… O nivel das preguntas están adaptadas aos rapaces e aos temarios que dan en clase. No xogo compiten tres párellas que irán acumulando puntos ao longo do programa.  Haberá premios en metálico para as dúas parellas con máis puntos en cada programa. 200€ para a primeira parella gañadora e 100€ para a segunda. De bote serán 200€ cada programa.  

Como participar?   

 Moi sinxelo! Enviade a través do WhatsApp (do adulto) un vídeo de presentación dun minuto aproximadamente, onde cada un presente ao outro contándonos porqué queredes participar. Ademáis tedes que falar da relación que vos une, indicar as vosas idades, de onde sodes…, as vosas afeccións, que asignatura é a preferida dun e doutro, algún chiste…   

 Para rexistrarvos ou obter máis información, contactade connosco por whatsapp no número 682 183 407 ou no enderezo electrónico tal.semente@crtvg.gal  

 Deixámosvos unha ligazon do programa para que lle poidades botar un ollo: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/tal-semente-16-6332555 

 Esperámosvos con ansias para este desafío cheo de diversión e aprendizaxe!

Ningún comentario:

Publicar un comentario