8 de xan. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

Álex e Christian Sierpes Pereira, proclamáronse subcampións galegos por equipos, na categoría Sub 18 xuvenil, e Alejandro Santos Adrover, subcampión individual Sub 16

 No Campionato Xunta de Galicia, de Campo a través por clubs, celebrado a pasada fin de semana


Manuel Campello, Gael Varela, Álex e Christian Sierpes (equipo Sub 18, subcampión galegos por equipos)

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Debutando con novas cores - as do Club Atletismo Narón -, actual filial esta tempada 2024, da Sociedade Atlética do Trega, onde os nosos atletas axudáronlle a conseguir os seus obxectivos; os atletas guardeses, irmáns Sierpes Pereira (Álex e Christian), proclamáronse coa entidade ártabra, subcampións galegos por equipos na categoría Sub 18 xuvenil, coa axuda dos coruñeses Gael Varela Moreno e Manuel Campello Carballo, onde sumaron 29 puntos, cedendo tan só por diante o A.D. Fogar con 27 puntos. 

 Dese xeito, conseguiron así, como agasallo de Reis, o primeiro obxectivo desta tempada, o billete clasificatorio para disputar o Campionato de España de Clubs, aínda sen sede designada pola Real Federación Española de Atletismo, nin data de celebración. 


Alejandro Santos Adrover - no podio, a esq. - subcampión individual Sub 16 masculino

Alejandro Santos, cos seus compañeiros, que na categoría Sub 16 acadaron o bronce por equipos

 Doutra banda, e partida dobre Alejandro Santos Adrover, asegurou a prata individual na categoría Sub 16 e o bronce por equipos, formado - segundo á orde de entrada en meta -  por  Alejandro, Pablo, Ariel e Cayetano, sacando 67 puntos no campionato final. Desta maneira o rosaleiro, logrou o billete para disputar o Campionato de España de Autonomías que se celebrará no circuíto do Cerro de los Ángeles, de Getafe (Madrid), o 28 de xaneiro, representando á selección galega de atletismo Sub 16 masculina. 

 E resaltar tamén as boas intervencións en Sub 16, das goianesas Paula Rocha Bautista, en 8ª posición e Antía Rodríguez Otero, 10 ª clasificada. 

 Felicidades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario