8 de xan. de 2024

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O CONCELLO DE A GUARDA FELICITA Á SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA

 Pola medalla de prata acadada na final  do Campionato de España de Seleccions Autonómicas 2024





Infogauda / Redacción Deportes 

 O Concello de A Guarda vén de facer pública súa felicitación ás xogadoras guardesas que participaron no Campionato de España de Seleccions Autonómicas 2024, expresándose nos seguintes termos:

 Orgullo é a palabra que mellor define o que nos fixeron sentir as xogadoras guardesas no Campionato de España de Seleccions Autonómicas 2024, durante estes días de competición. Grazas Leire e Carmen pola vosa participación coas seccións femininas, cadete e xuvenil, da Federación Galega de Balonmán Feminino. 

 Noraboa e grazas, Daniela, Silvia, Ángela, Julia, Elena (seleccionadora) e Danijela (segunda entrenadora) pola vosa medalla de prata na final infantil feminina coa Federación Galega de Balonmán Feminino…O maior éxito é chegar ata onde o fixéchedes! 

 Con vos na base, o futuro do balonmán guardés está máis que garantido. Nós xa estamos agardando a vosa volta a casa para celebralo xunto a vos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario