9 de xan. de 2024

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

QUEN ESCRIBIRÁ A MIÑA HISTORIA?

Novela de Iria Morgade Valcárcel

• A presentación será o sábado, 13 de xaneiro de 2024, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos



Xosé Manuel Malheiro Guitiérrez / Camposancos

 O vindeiro sábado teremos ocasión de acompañar a Iria Morgade na presentación deste extraordinario traballo. Unha viaxe no tempo entre os muros do mosteiro de Oia, convertido en campo de confinamento durante a guerra, e a actualidade a través do enigma que suscita unha frase escrita na parede por un preso durante o seu cativerio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario