5 de xan. de 2024

A GÁNDARA (A GUARDA)

O delegado territorial de Pontevedra reuníuse cos involucrados na asociación de veciños o Percamino, na Guarda  

 Reguera destacou a boa disposición da asociación para colaborar coas administracións públicas 


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo, acompañado polo alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e membros do goberno municipal, reuniuse cos usuarios da Asociación de veciños O Percamino, de A Gándara

Fotos: X.G.




Infogauda / A Gándara (A Guarda)

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo, acompañado polo alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e membros do goberno municipal, reuniuse cos usuarios da Asociación de veciños O Percamino, de A Gándara, no concello de A Guarda.

 Alí tivo a oportunidade de conversar cos responsables da entidade e coñecer as múltiples actividades que levan a cabo e que reverten a favor da súa veciñanza.

 Reguera visitou ademais o local social da asociación que foi remodelado recentemente e destacou o gran traballo levado a cabo por todos os involucrados que “de forma totalmente voluntaria e sen esperar nada a cambio se esforzan por mellorar a vida dos seus veciños”.

 O delegado territorial tamén aproveitou para felicitar a todos os asociados polos máis de 30 anos de funcionamento da asociación e por estar “sempre ao pe do cañón para traballar en calquera iniciativa que vaia supoñer unha mellora na súa contorna”.       

Ningún comentario:

Publicar un comentario