21 de dec. de 2023

TUI

Música para celebrar o Nadal en Tui

 Este venres, 22 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui, actuarán a Banda de Música Popular de Tui e as corais do CEIP de Pazos de Reis, Ponte das Febres, San Telmo e do Centro Social  




Infogauda / A Guarda

 A música será a protagonista da celebración do Nadal este venres, ás 20.30 h, no Teatro Municipal de Tui, co concerto de Nadal que van ofrecer a Banda de Música Popular de Tui e as corais do CEIP de Pazos de Reis, Ponte das Febres, San Telmo e Centro Social.  Interpretarán panxoliñas xunto a outras composicións,  nun evento musical no que as cinco agrupacións irán sucedéndose no escenario ou actuando conxuntamente para ofrecer un fermoso espectáculo. As entradas están á venda en tui.gal até dez minutos antes do inicio do concerto, aos prezos de 4€ e 3€.  

 Abrirá o concerto o Coro Infantil do CEIP de Pazos de Reis coa panxoliña La Mula, de Carmen Martorell, e logo intepretarán En Navidad, de Rosana.  

 A continuación o coro infantil e as corais Ponte das Febres, San Telmo e do Centro Social interpretarán Seguindo unha estrela e O Cativiño.  

 O concerto continuará da man da Banda de Música Popular de Tui con Pusiano Pasodobre, de Simon Couceiro Riveira, Man In The Ice, de Otto M. Schwarz e Tumaco, de Kees Vlak.  

 Será logo o momento das tres corais Ponte das Febres, San Telmo, e Centro Social e da Banda de Música Popular de Tui para interpretar conxuntamente O Fortuna, de Carmina Burana, de Carl Orff; Ilustre Marino, de Óscar Navarro; para rematar co Coro da Amizade, da Zarzuela Los Gavilanes, de J. Guerrero.  

 Con este Concerto de Nadal pecharase a actividade desde 2023 no Teatro Municipal de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario