O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia solicitou un pleno extraordinario para establecer o deslinde entre Baiona e Oia
• A celebración deste pleno terá lugar o vindeiro venres día 22 de decembro ás 9:30 horas, na Casa do Concello de Oia
Infogauda / Oia
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Oia vén de presentar un escrito no Concello para a solicitude dun pleno extraordinario no que tratar a creación dunha comisión que estableza a demarcación, deslinde e amolloamento dos termos municipais de Baiona e Oia.
A celebración deste pleno terá lugar o vindeiro venres día 22 de decembro ás 9:30h, no Concello de Oia, a fin de resolver a seguinte orde do día:
1. Incoar expediente de deslinde entre os termos municipais de Oia e Baiona.
2. Nomear membros da comisión de deslinde aos concelleiros que designe cada un dos grupos municipais de Oia.
3. Designar a dúas personas de avanzada idade e acreditado xuizo que poidan xustificar o lugar no que estiveron os sinais divisorios para que acudan ao acto de deslinde polo concello de Oia.
4. Designar a un perito que asistirá ao concello nas labores de deslinde.
5. Comunicar o presente acordo ao Concello de Baiona para o seu coñecemento e efectos.
6. Unha vez consensuada con Baiona unha data para realizar as operacións de deslinde, deberán emprazarse sobre o terreo as personas que van tomar parte no acto de deslinde, o perito designado a tal fin, as forzas de seguridade do Estado e a Secretaria do concello.
Igualmente a data sinalada comunicaráse aos propietarios dos terreos afectados polo deslinde que formarán parte do acto de deslinde.
Para os concelleiros do PSdeG-PSOE de Oia “esta solicitude vén motivada pola necesidade de continuar coas tarefas iniciadas para delimitar o deslinde entre os municipios veciños, posto que a alcaldesa Cristina Correa, como vén sendo habitual, esquece asuntos coma este, de especial interese para o municipio e para os seus veciños, e aos que se lle ten que dar continuidade para chegar a acordos e conclusións”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario